Gis-Oceano

Simulacións

Un dos obxectivos do proxecto é a execución operacional dunha configuración do modelo ROMS adaptada á costa galega. Diariamente execútanse prediccións a catro días de distintas variables oceanográficas, con axuda de datos atmosféricos procedentes do modelor WRF, operacional en MeteoGalicia. Como resultado da execución, xenéranse diariamente imaxes de diferentes variables oceanográficas a varias profundidades, que permiten apreciar a variación temporal e as interconexións entre distintas variables. A continuación móstranse algunhas imaxes correspondentes ós días 27 a 30 de abril de 2011, nas que se representan as correntes, salinidade e temperatura superficiais. Nelas percíbese, entre outras cousas, a evolución das temperaturas preto da costa portuguesa, e a expansión da pluma de auga doce na desembocadura do Miño, ligadas ós cambios nas correntes superficiais en ditas zonas.